luns, 16 de outubro de 2023

TÉCNICAS DE ESTUDO

 Condicións para o estudo

O ideal é reservar un lugar fixo para estudar coas seguintes condicións básicas:

  • Ser un espazo tranquilo e silencioso e correctamente iluminado.
  • Evitar que na habitación, estudo ou lugar de estudo haxa obxectos que distraian ou molesten.
  • Ter un escritorio ordenado e con todo o material necesario a man.
  • O asento debe ser cómodo e  ergonómicamente correcto, para evitar danar as costas.
  • A temperatura da habitación debe estar ao redor dos 20 graos e atoparse sempre correctamente  ventilada

Planificación

É importante organizar sesións de estudos diarias, polo menos de luns a venres e dunha duración dunhas 2 horas. Outras recomendacións son:

  • Realiza descansos duns 5 minutos cada ¾ de hora de estudo
  • Tratar de estudar sempre á mesma hora, sendo recomendable non facelo inmediatamente despois de comer ou cear.
  • Alternar estudo e descanso.
  • Distribuír  o tempo entre as materias para estudar.
  • Antes de empezar a estudar, preparar  concienzudamente o material necesario.

Como estudar cada tema?

Unha boa estratexia para estudar os distintos temas das diversas materias estaría configurada polos seguintes pasos:

  1. Prelectura.
  2. Lectura detallada.
  3. Subliñado.
  4. Esquema.
  5. Resumo.
  6. Autocontrol.

1)  Prelectura

O primeiro que hai que facer é mirar o título e as preguntas que compoñen o tema, fixándonos especialmente nas fotos, debuxos ou gráficos que aparecen. A continuación, pasamos a realizar unha prelectura urxente, rápida e veloz co obxectivo de ver de que trata o tema que nos ocupa.


2) Lectura detallada

Unha vez que se coñece de que vai o tema, hai que realizar unha lectura detallada, comprensiva e atenta do mesmo, parando nos conceptos que che sexan máis difíciles e, en caso necesario, coa axuda dun dicionario (físico ou ben en liña).


3) Subliñado

Trátase dunha técnica sinxela pero moi efectiva que consiste en subliñar as palabras chave ou máis importante, polo que se trata de remarcar cun  rotulador fluorescente as ideas ou datos fundamentais.


 4) Resumo

Facer un resumo consistente en escribir os aspectos fundamentais do tema que estamos a estudar, de maneira que non falte ningunha idea importante do mesmo. É unha exercicio que require de habilidade para sintetizar a máxima información utilizando para iso o menor texto posible.


5) Autocontrol

O último paso de estudo consiste en facerse preguntarse de comprobación para saber si se asimilaron correctamente os conceptos necesarios. Pódese facer de forma mental, lembrando o que se estudou, utilizando unha gravadora ou contar co apoio dunha terceira persoa. Para gañar eficacia, é moi recomendable anotar os erros cometidos e os conceptos que che pasaches por alto para saber que é exactamente o que che tes que volver repasar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Sabes investigar?

 Enquisa para coñecer os teus hábitos á hora de realizar un traballo. https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeEDQYW5pyEx-XcRXGaxEDqS3HtTd...